venres, 12 de xuño de 2015

CONTAMOS MOITO: FILIBERTO

Os nenos e nenas de infantil e 2º de Primaria agardamos ata case a fin de curso para desfrutar xuntos da lectura de "Filiberto e o xastre de sombras". Os de 2º xa leran o conto cando pasou pola súa aula como libro viaxeiro e daquela fixeran as súas sombras no caderno viaxeiro. Hoxe catro deles, Thalía, Carla, Águeda e Lucas  leron o conto para os compañeiros de infantil. Despois fomos todos xuntos ao patio e por parellas  debuxamos as súas sombras no chan. Foi unha actividade moi divertida para pechar este curso o Proxecto Contamos moito e o Proxecto arredor da luz.

mércores, 10 de xuño de 2015

...E Á DE TRES.

A terceira representación foi con luz e actores. O conto escollido A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ do autor Miguel  Ángel Alonso Diz.


Os nenos e nenas de 5º de Primaria representaron este conto cunha forte carga emocional invitándonos a reflexionar sobre como a sociedade pon o foco nas cousas que nos impiden ser verdadeiramente felices e sobre o exceso de control sobre as nosas vidas.
Tivemos a sorte de contar entre os espectadores co autor do conto, quen xa este curso e os pasados estivera con nós achegándonos as súas historias.




...Á DE DÚAS



A segunda representación teatral en teatro de sombras tivo que ver con estas terribles sombras que meten medo ata ós monstros mais pintados. Desta volta foron os rapaces de 6º de Primaria os encargados de contarnos este conto.















LUCES E SOMBRAS NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Á DE UNHA...

Tres...foron tres as obras de teatro que puidemos desfrutar no festival de fin de curso e nos pases especiais para os alumnos de infantil e primaria que tiveron que facer os esforzados actores e actrices. 
Como remate do noso traballo literario arredor da luz chegaron ata nós dous  contos ben distintos que nos fixeron abanearnos entre as cores e as sombras.




O conto "Griselda" foi adaptado polos alumnos de 4º de Primaria  e a profe de música para presentárnolo coa técnica de  sombras de cores. As fotos non lle fan xusticia o bó traballo dos nenos e nenas que elaboraron as figuras, aprenderon o texto e foron organízandose para chegar a tempo e compoñe-las esceas segundo as compañeiras ían narrando o texto. Griselda convertiuse en Branquiña pero non perdeu nada da súa esencia.








XUNIÑO E A SÚA EXPOSICIÓN

Grazas a colaboración de moitos pais e nais, Xuniño, o mouchiño do mes de Xuño, ven de inaugurar neste mes a exposición de fotografía relacionada coa luz. Despois de organizar todo  o que as familias mandaron,  colocou os seus murais fotográficos na entrada e nas escaleiras grandes co título de "A LUZ DAS FAMILIAS"
O primeiro mural foi o adicado aos "collages",  fermosas composicións feitas en familia, entre os mais grandes e os mais pequenos. 


OS NOSOS COLLAGES




Nas escaleiras Xuniño montou os outros dous murais.

 "As nosas fotos"recolle fotos diversas cun tema común... a luz nas súas distintas facianas.



"Mesmo sitio, distinta luz"disparou a creatividade de moitos pais que buscaron sitios orixinais ou significativos para nos amosar as diferencias de luz  nos distintos sitios e situacións.











martes, 2 de xuño de 2015

O NOSO KAMISHIBAI

Unha das adquisicións deste curso O teatriño de Kamishibai foi estreado este derradeiro xoves de lecturas deste curso.
Para pechar tamén  as lecturas literarias dentro do noso proxecto da luz limos na biblioteca "Como Maui capturou o sol" unha bonita lenda da mitoloxía maorí que nos leva as orixes das cousas tal e como son agora. 
O  público fallou un pouco porque xusto o día seguinte celebrabamos  o festival de fin de curso e moitos quedaron nas aulas ensaiando e dando os últimos toques. Haberá que repetir a sesión para que todo o mundo poida escoitar este bonito conto e desfrutar desta técnica tan especial.