OS ALUMNOS DE 4º, 5ºe
6º, na clase de ART e de Inglés, fixeron un vídeo de presentación para Minnesota.
A nai de Abby, a nosa auxiliar de conversa, traballa alí como profesora e está
a colaborar activamente con nós, nos nosos proxectos.
Agora somos nós os que recibimos un vídeo dos alumnos de Minnesota mostrándonos o seu colexio, as súas instalacións e a súa forma de traballo.
MRS SCHNORR´S VIDEO
WINTER HOLIDAYS
Éste é o noso segundo vídeo con destino a EEUU. Aquí
mostramos aos nosos amigos americanos, cómo celebramos o Thanksgiving, dando as
grazas por todo o que temos, Christmas e Peace day.
.
.
Este ano, na clase de ART, fixemos un proxecto sobre GALICIA (Spain´s hidden secret) e sobre ESPAÑA(marvelous country), investigando todas as cousas que tiñan importancia para nós, como a población, a xeografía, o goberno, a monarquía, cidades de interese, catedrais, comidas, lugares de diversión... e aproveitamos para mandar os nosos traballos a EEUU, ao colexio de MRS SCHNORR, e que aprenderan un pouco do noso país e da nosa comunidade. en definitiva, da nosa cultura e dos nosos costumes.
O 14 de febreiro recibimos por correo, tarxetas de felicitación, feitas polos alumnos americanos, felicitándonos o San Valentín. Alí é moi típico escribir notas de cariño aos teus amigos e familia dicíndolle cánto lles queres.
Co inicio da primaveira realizamos flores de papel seguindo as instrucción de Abby, a nosa auxiliar de conversa. Déronnos traballo pero quedaron estupendas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario